portada playnite

Playnite: o lanzador definitivo para xogar e organizar toda a túa biblioteca

Se es xogador e tes xogos repartidos entre Steam, GOG, Epic, itch.io, xogos de código aberto, etc. seguro que coñeces a dor de cabeza que supón manter todo organizado. Aquí é onde Playnite entra en acción: un lanzador de código aberto e gratuíto para Windows que centraliza toda a túa biblioteca de xogos nunha interface elegante e personalizable.

Que é Playnite?

Playnite é un lanzador de xogos para Windows, licenciado baixo MIT, o que significa que é totalmente libre e personalizable. Permite integrar:

  • Xogos comerciais de Steam, GOG, Epic, Origin…
  • Xogos indie descargados de itch.io
  • Emuladores de consolas retro
  • Xogos de código aberto e executables propios

Con Playnite podes organizar toda a túa biblioteca, engadir portadas, metadatos, capturas de pantalla, filtros por xénero ou desenvolvedor e incluso usar complementos para ampliar as funcionalidades.

Principais características

  • Biblioteca centralizada: engade xogos de varias plataformas e executables propios.
  • Metadatos e capturas: descarga información automaticamente ou engade os teus propios datos en galego, español ou inglés.
  • Personalización total: cambia aparencia, cores, vista en lista ou grella, e organiza os xogos como queiras.
  • Complementos e automatización: mellora o lanzador con complementos para xestión avanzada, integración de emuladores ou descarga de metadatos adicionais.
  • Código aberto: totalmente libre, con código dispoñible en GitHub

Para o entorno linux temos Lutris pero iso pra outra entrada do blogue 😛

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario