Entendendo o etiquetado da roupa

As etiquetas da roupa veñen sendo como un manual feito con debuxos chamados pictogramas, serven para poder limpar a roupa sen estragala, o que ven na etiqueta e o tratamento máximo permitido, polo tanto menos temperatura e formas mais suaves de lavado sempre son permitidas.

Se o etiquetado vai pola norma europea UNE-EN ISO 3758:2012 V2, esta sería a súa orde na etiqueta:

  1. Lavado
  2. Branqueador
  3. Secado con secadora / Secado natural
  4. Ferro de pasar
  5. Conservación profesional do téxtil / Conservación profesional en húmido

Símbolos de lavado

Estes son os símbolos de lavado para o uso das lavadoras domésticas.

A lenda tamén pode aparecer con círculos ( 1=30ºC, 2=40ºC, 3=50ºC, 4=60ºC, 5=70ºC, 6=90ºC )

No interior do balde o numero ou círculos indícanos a temperatura máxima de lavado da prenda.

Cando o símbolo é un balde con auga riscado, significa ca roupa non se pode lavar na lavadora, senón en seco ou nunha tinturería.

Se o balde ten unha man no seu interior, o lavado debe ser a man.

Se debaixo do balde hai unha ou dúas (incluso poderían ser tres) raias, a roupa é sumamente fina e o lavado debe facerse a máquina, pero nun programa para pezas delicadas ou moi delicadas.

Branqueador


O triangulo branco indica que está permitido empregar todo tipo de lixivia, cloro ou oxíxeno.

Podes usar lixivias e branqueadores con cloro. A etiqueta de Blanqueamento permitido con cloro (cl) está en desuso.

Dúas raias oblicuas dentro do triángulo branco: O branqueo e posible, pero só con produtos a base de oxíxeno.

Un triángulo riscado tanto en branco como negro ten o mesmo significado: prohibido usar lixivia nin outro axente branqueador.

Secado con secadora

Secado a baixa temperatura indícanos que temos que facer un secado suave a temperatura reducida. Algunhas secadoras teñen programas suaves especiais, mentres que outras baixan a temperatura manualmente.

Os dous puntos no símbolo da secadora representan o uso sen restricións da secadora a temperatura normal.

Os tres puntos podemos facer uso da secadora a temperatura alta sen problemas.

No secado delicado teriamos que utilizar un programa para tecidos delicados ou sintéticos, a temperatura media.

No secado moi delicado recomendase usar un programa para prendas moi delicadas, a temperatura baixa e incluso co aire frío.

O círculo negro indícanos que só se pode secar a prenda con aire frío ou sen usar calor.

Secado natural

Secado en corda: A roupa debe tenderse para secarse, preferentemente no exterior.

Secado a sombra: secar sempre a sombra.

deixar escorrer: Non debemos espremer ou torcer a prenda.

Secar tumbada: temos que secala roupa en horizontal sobre un tendal de reixa, de modo que non se deforme co peso da auga.

Non retorcer. A prenda con este símbolo poderá chegar a deformarse se a escorres para quitarlle o exceso de auga.

As iconas de secado vertical, secado vertical sen escorrer, secado tumbada sen escorrer e non retorcer, non sei se tan en desuso ou son norma doutros países pero poñémolos por se acaso e listo.

Ferro de pasar

Na temperatura baixa (máximo, 110 °C)

Na temperatura media (máximo, 150 °C).

Na temperatura alta (máximo 200 °C)

non pasar o ferro. Desaconsellase encarecidamente ó uso do ferro de pasar.

Non usar vapor o pictograma do Ferro de pasar cas liñas de vapor riscadas, indícanos que se pode pasar o ferro, pero en seco sen usar vapor.

Conservación profesional do téxtil

Algunhas pezas requiren precaucións especiais de limpeza e non podemos lavalas no fogar. Isto sería o que se coñece como limpeza en seco. A limpeza ou lavado en seco é unha técnica de lavado profesional que fai uso de disolventes en lugar de auga para limpar a roupa.

Os símbolos que poño a seguir serven como indicadores só para os profesionais dos centros de limpeza especializados, como tinturerías e lavanderías:

O círculo baleiro indica que se pode limpar en seco.

O círculo baleiro riscado dinos que non se pode limpar en seco.

La letra A dentro dun círculo dinos que se pode limpar en seco con calquera tipo de disolvente.

Unha P dentro dun círculo e limpar en seco só con disolventes sen tricloroetileno, como o percloroetileno e esencias minerais.

A P dentro dun círculo ca barra debaixo e limpeza suave en seco exclusivamente con disolventes sen tricloroetileno.

A P dentro dun círculo cas dúas barras debaixo e limpeza moi suave en seco só con disolventes sen tricloroetileno.

A F dentro dun círculo indica que se pode limpar en seco só con disolventes de hidrocarburos

A F dentro dun círculo ca barra debaixo indica limpeza en seco suave solo con disolventes de hidrocarburos.

A F dentro dun círculo cas dúas raias limpeza en seco moi suave só con disolventes de hidrocarburos.

Un circulo ca barra abaixo a esquerda e Limpeza en seco cun ciclo corto.

Un circulo ca barra enriba a esquerda e Limpeza en seco con humidade reducida.

Un circulo ca barra enriba a dereita e Limpeza en seco sen vapor.

Un circulo ca barra abaixo a esquerda e Limpeza en seco a baixa temperatura.

Conservación profesional en húmido

A W dentro dun círculo indica limpeza en húmido profesional.

A W dentro dun círculo cunha barra debaixo indica limpeza húmida suave profesional.

A W dentro dun círculo con dúas barras debaixo indica limpeza húmida moi suave profesional.

O circulo negro riscado indica prohibido limpar en húmido

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario